Saltar ao contido

Valdeorras

A Veiga

MONTAÑA MILENARIA, MITOLOXÍA E ESTRELAS

Tocando o ceo de Galicia

Ideal para aquelas persoas que lles gusta a escalada e o sendeirismo, Valdeorras presume da Veiga como cume de Galicia.

A natureza rexe este lugar onde as estrelas foron testemuña das mellores historias. Montañas sacras, bosques encantados e personaxes de conto na terra máis mística da comarca.

a veiga-embalse-prada

Non te perdas

a veiga-laguna-serpe

Lagoa da Serpe

Dentro do espazo natural de Pena Trevinca, entre plantas carnívoras, atópase este glaciar envolto en lenda. Disque aquí reside unha serpe xigante que se transforma nunha fermosa muller as noites de lúa chea capaz de atrapar aos visitantes coa súa beleza.

Pena Trevinca

O teito de Galicia, pico máis alto da Comunidade Autónoma con 2127 m de altitude, limitando con Castela e León. Zona de especial protección de aves na que apenas se aprecia pegada humana. Goza das paisaxes subalpinas e dun espectáculo de fauna e flora salvaxe.

a veiga-pena-trevinca
a veiga-centro-astronomico

Centro astronómico de Trevinca

As montañas da Veiga foron declaradas en 2015 Destino Starlight, erixindo dende entón un dos mellores observatorios do país para observar as estrelas. Telescopios de alta tecnoloxía, un planetario en 4K, exposicións e un simulador de voo espéranche aquí.

Cántara da Moura

Parte da mitoloxía galega repousa neste frondoso bosque bañado polo río Corzos, no que unha fermosa moura poñía a proba a bondade de quen frecuentaba o lugar premiándoos con moedas ou converténdoos en pedra. Tamén serviu de refuxio para os maquis.

a veiga-cantara-da-moura

Contacto

Enderezo postal

Praza do Concello nº 1, 32360, A Veiga, Ourense

Teléfono

988 350 000

Enderezo electrónico

Valdeorras
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.