O CORAZÓN DO VAL DE VALDEORRAS
Onde deporte e cultura danse a man
Valdeorras ten vida: A Rúa. Rodeada de paisaxe e bañada pola historia, é un dos lugares máis encantadores da comarca.
Perfecto para unha excursión cos máis pequenos ou para embarcarche na túa próxima aventura en solitario ou acompañado, o municipio ofrece todo tipo de opcións para os máis aventureiros.

Non te perdas

Embalse de San Martiño
Creado artificialmente en 1950 como parte da presa do río Sil, é o fogar de máis de 600 especies de aves, polo que ten un gran valor ornitolóxico. Outro dos seus atractivos son os roteiros de sendeirismo e a posibilidade de practicar deportes náuticos.
Área recreativa do Aguillón
Se es afeccionado ao turismo de autocaravana e encántache o deporte, este é o teu sitio para gozar da natureza en estado puro. Combina instalacións deportivas municipais e zonas de lecer para un día diferente con amigos ou en familia.


Igresa de Fátima
Contan que foi ideada polo mismísimo Antoni Gaudí, ou por un discípulo directo seu. Este templo singular en Fontei que lembra á obra do arquitecto catalán está dedicado á Virxe da Expectación e conta con dúas impoñentes torres.
A Rúa Vella
O centro histórico da Rúa é un punto de referencia dentro do Camiño de Inverno. Pérdeche polas súas estreitas rúas, percorre as súas casas baixas con moita heráldica, coñece a Igrexa de Santo Estevo, de orixe medieval, e atopa a lápida romana.

Contacto
Enderezo postal
Praza José Antonio Míguez nº1, 32350, A Rúa, Ourense
Teléfono
988 310 116